Ampliación do prazo de presentación ao XIV Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC

O Programa de Creación de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela Uniemprende, amplía o prazo de presentación ao XIV Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC, ata o 14 de maio de 2014.

O obxecto do concurso, é impulsar a creación de empresas innovadoras promovidas por estudantes, licenciados e licenciadas ou investigadores e investigadoras, así como a innovación empresarial e a xeración de emprego.

Os premios que se outorgarán, ao igual que na edición pasada, serán os seguintes: 

  • BASE TECNOLÓXICA: 2.000 euros + ata 24.000 € de financiamento mediante préstamo participativo
  • EMPRESA XOVE: 2.000 euros
  • MULLER EMPRENDEDORA: 2.000 euros

A preinscrición farase de forma telemática cumprimentando o formulario:

» Formulario de preinscrición

» Bases XIV Concurso de Proxectos Innovadoras da USC

» Cartel informativo