Casos de éxito

  • GALCHIMIA é unha spin-off da Universidade de Santiago de Compostela creada no ano 2001, dedicada ó análise e preparación de produtos químicos e a realización de tareas de asesoramento científico, consultoría técnica e apoio á investigación básica e tecnolóxica no campo da química. Con este obxectivo, GALCHIMIA presta servizos de desenvolvemento de procesos, síntesis á medida de produtos químicos e investigación baixo contrato.

  • DEVALAR CONSULTORÍA EUROPEA é unha empresa creada no ano 2002 por profesionais no campo das Ciencias Sociais, con sede central en  Milladoiro (Ames).

  • KERAMAT é unha empresa creada no ano 1999 como resultado dos traballos de investigación levados a cabo polo Departamento de Biomateriais do Instituto de Cerámica de Galicia (Universidade de Santiago).

  • IMMUNOSTEP nace no ano 2000 e ten a súa orixe no Centro de Investigación do Cáncer da Universidade de Salamanca, centro de referencia da enfermedad a nivel estatal. É unha empresa do sector das ciencias da vida dedicada á producción, purificación e marcaxe de anticorpos monoclonais de primeira xeración, para a súa utilización no diagnóstico in Vitro na área de oncoloxía.

  • NANOGAP é unha compañía innovadora basada no desenvolvemento realizado polos profesores M. A. López-Quintela e J. Rivas (Universidade de Santiago de Compostela), expertos no campo da nanotecnoloxía con máis de 250 publicacións en revistas científicas de alto impacto, así como autores de varias patentes (J. Rivas é ademáis o director do futuro centro hispano-luso de nanotecnoloxía).

  • HEALTH IN CODE é unha compañía biotecnolóxica, creada no ano 2006, especializada no diagnóstico molecular e na xestión do coñecemento médico de cardiopatías hereditarias (miocardiopatía hipertrófica, miocardiopatía dilatada, displasia arritmoxénica de ventrículo dereito, arritmias e morte súbita).

  • INNOLACT é unha spin-off do grupo de investigación da Aula de Produtos Lácteos (APL) da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

  • NEOKER é unha spin-off do Instituto de Cerámica de Galicia (I.C.G.), da Universidade de Santiago de Compostela (U.S.C.), a súa actividade céntrase na producción de novos materiais avanzados, en concreto, a fabricación de fibras monocristalinas de alúmina (FMA), tamén denominados whiskers de alúmina.