Curso on-line gratuito: Cómo desenvolver ideas de negocio a partir de resultados de investigación-. Guía práctica para personal de OTRIS

Uniemprende organiza un curso on-line gratuito, financiado polo Instituto de la Mujer dentro do proxecto Innovatia 8.3.,  baixo o lema: "Cómo desenvolver ideas de negocio a partir de resultados de investigación-. Guía práctica para personal de OTRIS".

Terá unha duración de 40 horas e celebrarase a través da nosa plataforma e-learning entre o 7 de abril e o 21 de maio de 2014.O prazo para inscribirse remata o 2 de abril. 

Nesta acción formativa ofrecemos unha serie de ferramentas para establecer unha metodoloxía adaptada a cada realidade particular que permita dinamizar o xurdimento de Ideas de Negocio a partir de Resultados de Investigación, por parte de persoal de oficinas de transferencia. A metodoloxía que propoñemos permitiranos explorar oportunidades de mercado, mediante a aplicación da transversalidade de xénero no deseño de modelos de negocio, xurdidas tanto de traballo científico en temáticas cercanas ao mercado, como en outras áreas en principio pouco dadas á transferencia vía Spin-Off. A acción formativa ten unha vertiente teórica e unha importante compoñente de participación colectiva, que se articula por medio de exercicios ao final de cada uno dos temas. Por último, indicar que ao longo da formación empregaremos exemplos prácticos basados en proxectos reais nos que participamos dun ou outro xeito.

Ficha de inscrición

Mais información