Curso on-line: Protección da innovación. Patentes, marcas e dereitos de autor

Uniemprende organiza o curso on-line "Protección da innovación. Patentes, marcas e dereitos de autor". O mesmo terá unha duración de 40 horas e celebrarase entre o 1 e o 31 de xullo do ano en curso. O prazo para inscribirse remata o 26 de xuño

Esta acción formativa está dirixida a emprendedores/as de proxectos tecnolóxicos de carácter innovador, persoal que traballe dentro da área de asesoramento á creación de empresas, así como a todas aquelas persoas que vexan no mesmo unha ferramenta de axuda para desenvolverse no seu negocio. A mesma ten como finalidade amosar que o sistema de propiedade intelectual pode ser empregado para protexer e facilitar a comercialización dos productos e servizos das empresas. Os participantes adquirirán coñecementos sobre os diversos instrumentos legais relacionados coa protección das invencións (patentes), os signos distintivos (marcas) e os dereitos de autor. 

Mais información

Formulario de inscrición