III Edición Curso on-line Financiamento de Empresas de Base Tecnolóxica

Ante o éxito que acadaron as dúas anteriores edicións desta formación, Uniemprende organiou a III edición do curso on-line Financiamento de Empresas de Base Tecnolóxica. Tivo como obxectivos, analizar as características e problemáticas das EBT's nas súas fases iniciais, coñecer os contidos principais dun plan de empresa e o seu enfoque como ferramenta para a obtención de financiamento e amosar as distintas alternativas de financiamento existentes para unha EBT, facendo especial fincapé no capital risco, nas súas características e nos seus mecanismos de actuación. 

Mais información

 

 

II EDICIÓN CURSO ON-LINE HORIZONTE 2020

Ante o elevado interese que espertou o curso on-line "Horizonte 2020. Introducción ao principal programa de I+D+i da UE. Estrutura, posibilidades de participación e mecanismos de xestión",  organizamos unha II edición  para dar cabida a toda esa xente que quedou en lista de agarda e a aquela outra interesada que quixo participar ata cubrir prazas.

Para mais información, accede aquí

 

Seminario Gratuito para a elaboración do Plan de Empresa

 

O Programa Uniemprende organizou un Seminario Gratuito de 25 horas de duración, para axudar a tódalas aquelas persoas interesadas a elaborar ou perfeccionar o seu plan de empresa. Nesta formación adquiríronse as competencias esenciais para o análise da viabilidade do proxecto empresarial e a súa posta en marcha. Estas competencias implican coñecementos, habilidades e ferramentas.

Se desexas mais información preme aquí

 

 

 

 

 

 

 

XV CONCURSO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS INNOVADORES DA USC.

 

O Programa de Creación de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela Uniemprende, convocou o XV Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC, poñendo a disposición de todas as persoas interesadas formación gratuita para elaborar o plan de empresa.

O obxecto do concurso foi impulsar a creación de empresas innovadoras promovidas por estudantes, licenciados e licenciadas ou investigadores e investigadoras, así como a innovación empresarial e a xeración de emprego

Os premios outorgados foron os seguintes:

BASE TECNOLÓXICA: 2.000 euros + ata 24.000 € de financiamento mediante préstamo participativo
EMPRESA XOVE: 2.000 euros
MULLER EMPRENDEDORA: 2.000 euros
PREMIO Á PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA: 1.000 €

 

 

 

 

 

  
 

Curso on-line "Creación de EBT's nas Universidades: Marco xurídico e claves para a súa constitución"

En marzo de 2015 celebraremos a través da nosa plataforma on-line o Curso "Creación de EBT's nas universidades. Marco xurídico e claves para a súa constitución" de 40 horas de duración.

Dirixido a xestores/as de proxectos de creación de empresas nas universidades, persoal universitario que desexaba crear unha EBT como resultado da actividade de investigación, emprendedores e emprendedoras de proxectos tecnolóxicos de carácter innovador e a persoal que traballaba dentro do asesoramento á creación de EBT’s, profundizaron na análise dos aspectos xurídicos que implica a creación dunha spin-off, dende as aportacións á misma, a participación do persoal universitario na empresa ou o sistema de constitución.

Mais información

 

 

 

Curso on-line "Colaboración e financiamento de proxectos de I+D+i"

 

Nesta formación de 40 horas, os/as participantes adquirirán os coñecementos básicos sobre a xestión de contratos e proxectos de I+D+i que lles permitirán asesorar e apoiar, por un lado, na negociación de contratos e acordos de colaboración e, por outro, na xestión de proxectos de I+D de cara a obtención de financiamento público, incluindo a elaboración de propostas, a execución do proxecto e a xestión económica-administrativa.

Mais información 

 

 

Curso on-line "Horizonte 2020. Introducción ao principal programa de I+D+i da Unión Europea"

Dende Uniemprende organizamos entre o 18 de novembro e o 17 de decembro deste ano 2014 a acción formativa on-line "Horizonte 2020. Introducción ao principal programa de I+D+i da Unión Europea. Estrutura, Posibilidades de Participación e Mecanismos de Xestión".

Terá unha duración de 40 horas e presentará a nova estrutura do programa, incluindo as grandes iniciativas, e abordará todos os aspectos relacionados coa preparación dunha proposta e a xestión dos proxectos aprobados, incluindo os aspectos de propiedade intelectual e industrial. 

Mais información

Formulario de inscrición

Curso on-line "Claves do éxito no proceso de presentación de propostas a inversores"

Dende o vindeiro 31 de outubro ata o 28 de novembro do presente ano, celebrarase a través da plataforma virtual do Programa Uniemprende o Curso on-line "Claves do éxito no proceso de presentación de propostas a inversores". O mesmo terá unha duración de 40 horas e buscará preparar ao persoal emprendedor para que poida afrontar da mellor maneira posible o complicado proceso de negociación cos inversores no camiño da búsqueda de financiación para o seu proxecto, comprendendo a peculiar linguaxe do inversor e adaptándose aos seus esquemas de análise. 

Ademais de para emprendedores/as, tamén vai destinado ao persoal que traballe dentro da área de asesoramento a creación e financiación de empresas; así como a todas aquelas persoas que vexan no mesmo unha ferramenta para a obtención de recursos financieiros para o seu proxecto. 

Se desexas acceder a mais información desta formación, preme aquí

Se estás interesado/a en participar, cumprimenta a seguinte Ficha de inscrición

 

XIV Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC

O Programa de Creación de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela, Uniemprende, convoca un ano máis o “Concurso de Ideas  Empresariais Innovadoras da USC”.

Este concurso, que vai vai dirixido a toda a comunidade universitaria e a todas as áreas de coñecemento de calquera das universidades galegas, ten  por obxecto premiar a aquelas persoas emprendedoras que presenten ideas innovadoras susceptibles de converterse en proxectos empresariais a curto  e medio prazo.

O prazo para presentarse a esta XIV edición na que se outorgarán 5 premios de 600 € cada un, finalizou o 14 de novembro.

 

Para máis información: Bases XIV Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC

 

 

Curso on-line "Cómo empregar a vixilancia tecnolóxica na transferencia de resultados de investigación"

Uniemprende organiza do 20 de outubro ao 17 de novembro o Curso on-line "Cómo empregar a vixilancia tecnolóxica na transferencia de resultados de investigación". Terá unha duración de 40 horas e proporcionará unha serie de ferramentas para establecer un sistema de vixilancia tecnolóxica útil tanto para realizar un estudo de mercado previo á creación dunha empresa, coñecer as tendencias de mercado se xa se está constituido, orientar a I+D+i dunha EBT, buscar potenciais licenciatarios dun resultado protexido etc.

A acción formativa ten unha vertiente teórica e un importante compoñente de participación colectiva, que se articula por medio de exercicios ao final de cada un dos temas. Por último, indicar que ao longo da formación empregaremos exemplos prácticos basados en proxectos reais nos que participamos dun ou outro xeito.

Mais información

Formulario de inscrición