GALCHIMIA, S.L.

GALCHIMIA é unha spin-off da Universidade de Santiago de Compostela creada no ano 2001, dedicada ó análise e preparación de produtos químicos e a realización de tareas de asesoramento científico, consultoría técnica e apoio á investigación básica e tecnolóxica no campo da química. Con este obxectivo, GALCHIMIA presta servizos de desenvolvemento de procesos, síntesis á medida de produtos químicos e investigación baixo contrato.

Na actualidade, GALCHIMIA conta con máis de 80 clientes, entre os que se atopan compañías como Almirall, Palau Pharma, Esteve. O persoal da empresa está formado por 24 empregados, dos cales 9 son doutores, 11 son licenciados e 4 son técnicos.

Ó longo da súa traxectoria, recibiu varios premios, tales como, o Premio Uniemprende da USC (2002), o Premio Ideas María José Jove (2003) da Fundación Galicia Moderna e o premio transfronterizo á excelencia empresarial na modalidade de innovación (2008) da Confederación de Empresarios de Ourense.