II EDICIÓN curso on line gratuito: "Como desenvolver ideas de negocio a partires de resultados de investigación"

Dado o éxito acadado na primeira edición, Uniemprende volve a organizar o CURSO ON-LINE GRATUITO "Cómo desenvolver ideas de negocio a partir de resultados de investigación-. Guía práctica para personal de OTRIS", financiado polo Instituto de la Mujer dentro do proxecto Innovatia 8.3 e dirixido únicamente a técnicas de OTRIS.

Terá unha duración de 40 horas e celebrarase a través da nosa plataforma e-learning dende o 8 ao 22 de outubro de 2014.

Nesta acción formativa, ao igual que fixemos na primeira edición,  ofrecemos unha serie de ferramentas para establecer unha metodoloxía adaptada a cada realidade particular que permita dinamizar o xurdimento de Ideas de Negocio a partir de Resultados de Investigación, por parte de persoal de oficinas de transferencia. A metodoloxía que propoñemos permitiranos explorar oportunidades de mercado, mediante a aplicación da transversalidade de xénero no deseño de modelos de negocio, xurdidas tanto de traballo científico en temáticas cercanas ao mercado, como en outras áreas en principio pouco dadas á transferencia vía Spin-Off. A acción formativa ten unha vertiente teórica e unha importante compoñente de participación colectiva, que se articula por medio de exercicios ao final de cada uno dos temas. Por último, indicar que ao longo da formación empregaremos exemplos prácticos basados en proxectos reais nos que participamos dun ou outro xeito.