II EDICIÓN DO CURSO ON-LINE FINANCIAMENTO DE EMPRESAS DE BASE TECNOLÓXICA

O Programa Uniemprende, de Creación de Empresas da Universidade de Santiago, con motivo do éxito acadado na celebración da I Edición do Curso Financiamento de Empresas de Base Tecnolóxica, acaba de convocar unha II edición para dar resposta as solicitudes recibidas das persoas interesadas en participar. 

Nos derradeiros anos a creación de Empresas de Base Tecnolóxica adquiriu unha gran importancia como unha opción interesante de transferencia de tecnoloxía dende os centros de investigación á sociedade, así como unha alternativa laboral para moitos investigadores e titulados universitarios, os cales atopan, desta maneira, unha saída profesional atractiva. Neste curso analizaranse as principais características das empresas de base tecnolóxica, coas súas vantaxes e problemáticas máis habituais.
O financiamento deste tipo de compañías pasa por canles distintas aos instrumentos habituais de financiamento bancario. Son business angels e sociedades de capital risco as que asumen boa parte da financiación inicial deste tipo de entidades. É por elo que, durante esta acción formativa, contemplaremos os mecanismos de actuación destes axentes investidores, así como os pasos necesarios para a elaboración dun correcto plan de empresa, fundamental en todo proceso de búsqueda de financiamento.

Mais información