II Edición do Seminario de Planificación Empresarial: Construcción e avaliación de modelos de negocio

O Programa de Creación de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela (Uniemprende) organiza, en colaboración co IGAPE, e con motivo do éxito acadado o ano pasado, a II Edición do Seminario de Planificación Empresarial, Construcción e Avaliación de Modelos de Negocio. Dará comezo o vindeiro 2 de abril e no mesmo facilitaraselles as persoas asistentes, a metodoloxía e as ferramentas necesarias para o desenvolvemento dun plan de empresa. 

Desenvolverase ao longo de cinco sesións formativas de 3 horas de duración cada unha, mais duas titorías de apoio e asesoramento individualizado a cada proxecto participante.

Dita acción formativa terá lugar na Aula de Formación do Edificio Emprendia.

Buscamos proporcionarche a axuda necesaria na elaboración ou perfeccionamento do teu plan de empresa para presentalo a XIV Edición do Concurso de Proxectos Innovadores da USC.

Ficha de inscrición

Mais información