II EDICIÓN Emprende Igual: Programa formativo gratuito para profesionais no asesoramento ao emprendemento feminino con enfoque de xénero

Celebrouse a través da plataforma virtual de formación do Programa Uniemprende da USC a II EDICIÓN da acción formativa EMPRENDE IGUAL. A mesma nace ao abrigo da Guía que leva o seu mesmo nome co obxectivo marco de fomentar unha sociedade igualitaria na que mulleres e homes gocen da igualdade real. Estivo especialmente orientada a profesionais no asesoramento ao emprendemento feminino con enfoque de xénero, no ámbito moi particularmente das Oficinas de Transferencia de Resultados de Investigación.

Co fin de alcanzar o equilibrio entre o xénero e o emprendemento empresarial, establécense unha serie de actuacións para incorporar a perspectiva de xénero de forma transversal nos distintos ámbitos, buscando a colaboración das institucións e organismos públicos, empresas e entidades privadas e centrándose especialmente no entorno universitario, xa que as universidades son grandes axentes de dinamización do cambio social.

Este programa enmárcase dentro do proxecto INNOVATIA 8.3 fruto da colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, a través de  Woman Emprende, co Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades.

Accede ao Programa