INNOLACT, S.L.

INNOLACT é unha spin-off do grupo de investigación da Aula de Produtos Lácteos (APL) da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

A empresa dedícase á producción e comercialización dunha gama de produtos basados no queixo fresco en crema (queixo branco pasteurizado), en base a unha nova tecnoloxía de producción que inclúe o uso de coprodutos da industria láctea de alto valor funcional e baixo coste, e o uso das novas tecnoloxías que permiten á empresa realizar un uso máis eficiente das materias primas, aportando o mesmo tempo, unha cremosidade, suavidade e propiedades únicas aos seus produtos.

INNOLACT fabrica unha ampla variedade de queixo de untar, dende a gama de produtos QUESICREM destinados ó consumo no fogar, ata queixo de untar en formatos especiais para os profesionais da restauración e hostelería. Para iso INNOLACT conta cunha moderna instalación, totalmente automatizada e na que se empregan as tecnoloxías máis avanzadas. Para os clientes industriais, o departamento de I+D+I conxuntamente cun deseño produtivo flexible ofrecen a posibilidade de desenvolver e fabricar produtos a medida das necesidades dos seus clientes e adaptados a súa aplicación industrial.