KERAMAT, S.L.

KERAMAT é unha empresa creada no ano 1999 como resultado dos traballos de investigación levados a cabo polo Departamento de Biomateriais do Instituto de Cerámica de Galicia (Universidade de Santiago).

A súa actividade principal é o Deseño, Fabricación e Comercialización de biocerámicas de fosfatos cálcicos destinadas o seu uso como implantes óseos en calquera especialidade quirúrxica na que sexa necesaria a rexeneración ósea, especialmente en neurociruxía, traumatoloxía e odontoloxía.

A tecnoloxía empregada por KERAMAT no seu proceso de fabricación permite desenvolver estructuras tridimensionais nos seus produtos semellantes á estructura que presenta o óso humano.

A empresa estructura a súa producción en dous divisións:



 

  • División humana: Tapóns craneais, polvo fino, granulado, bloques esponjosos e chips esponjosos.
  • División animal: Gránulos porosos. O seu produto, cidemarec, está indicado para problemas óseos derivados de quistes óseos, artrodesis, fracturas con pérdida de sustancia ósea ou retirada de implantes.

Na actualidade a empresa conta con 12 empregados, dous dos cales son doutores, dous son licenciados e oito son técnicos.