NANOGAP, S.L.

NANOGAP é unha compañía innovadora basada no desenvolvemento realizado polos profesores M. A. López-Quintela e J. Rivas (Universidade de Santiago de Compostela), expertos no campo da nanotecnoloxía con máis de 250 publicacións en revistas científicas de alto impacto, así como autores de varias patentes (J. Rivas é ademáis o director do futuro centro hispano-luso de nanotecnoloxía).

NANOGAP non só produce nanopartículas metálicas, magnéticas e AQCs senón que tamén ofrece a súa experiencia e asesoramento a clientes nos usos e aplicacións específicas de todos os produtos, dando así un valor engadido os seus produtos e centrándose en resolver o problema do cliente.
Dende o inicio da actividade en Septiembre de 2006, a compañía céntrase fundamentalmente no desenvolvemento das aplicacións nos seguintes campos:

  • Biomedicina: Aplicacións en oncoloxía, microbioloxía e kits de diagnóstico molecular con propiedades fluorescentes.
  • Enerxía: Aplicacións catalíticas, células de combustible...
  • Materiais: Aplicacións con resultados máis a corto prazo, fundamentalmente basados en pinturas, recubrimentos, plásticos, téxtiles...

Na actualidade a empresa conta con sete empregados e as súas instalacións encóntranse no Polígono Industrial Novo Milladoiro, Ames.