NEOKER, S.L.

NEOKER é unha spin-off do Instituto de Cerámica de Galicia (I.C.G.), da Universidade de Santiago de Compostela (U.S.C.), a súa actividade céntrase na producción de novos materiais avanzados, en concreto, a fabricación de fibras monocristalinas de alúmina (FMA), tamén denominados whiskers de alúmina.

Estes ofrecen unha clara vantaxe competitiva xa que reducen a característica degradación dos composites reforzados con whiskers de SiC, onde a súa oxidación deteriora progresivamente os materiais dos que forman parte.

Tanto dende o punto de vista da súa resistencia mecánica, súa estabilidade térmica e a súa resistencia ás agresiones químicas, os whiskers de alúmina presentan un comportamento excepcional. Por tanto, son o candidato perfecto para ser empregado como reforzo en cualquiera material composto de gran valor engadido.

En xaneiro de 2009 a compañía inaugurou a súa propia planta de producción, no Polígono Industrial Novo Milladoiro (Ames).

As fibras monocristalinas de alúmina teñen multitude de aplicacións, principalmente nos sectores de automoción, aeronáutico e aeroespacial, aínda que estas dependerán dos desenvolvementos de novos materiais composites a realizar por empresas e institucións en colaboración con NEOKER.