Obxectivos de Uniemprende

DIFUSIÓN DA CULTURA EMPRENDEDORA
Incrementar a medio-longo prazo o número de vocacións empresariais na USC, fomentando o emprendemento na comunidade universitaria.

DETECCIÓN DE PROXECTOS EMPRESARIAIS
Identificar dentro das capacidades de producción científica e de coñecemento da USC liñas de traballo susceptibles de ser explotadas dende a óptica empresarial.
 
PUNTOS DE INFORMACIÓN E SERVIZOS DE APOIO ÁS PERSOAS EMPRENDEDORAS
Prestar servizos de apoio á creación de empresas que faciliten a análise de viabilidade empresarial dos proxectos, así como o lanzamento ou posta en marcha destes.

INFRAESTRUCTURA DE APOIO Á CREACIÓN DE EMPRESAS
Creación, estructuración e potenciación dunha infraestructura estable de colaboradores que permita difundir e desenvolver amplamente as diferentes medidas deste plan.