Quen somos

O programa UNIEMPRENDE engloba todas as estructuras de creación de empresas na Universidade de Santiago de Compostela. Dende a súa creación, en 1998, pasou de ser unha iniciativa pioneira a nivel nacional a un referente internacional, liderando as “universidades emprendedoras”, aquelas que implicanse de forma activa no desenvolvemento económico e social do territorio.

A Universidade de Santiago de Compostela promove a través de UNIEMPRENDE o seu compromiso coa sociedade, convertindo as investigacións e os seus resultados en melloras da calidade de vida das persoas, e ó seu alumnado en impulsores do desenvolvemento e xeradores de riqueza.

UNIEMPRENDE apoia decididamente a toda a comunidade universitaria, de forma prioritaria ó colectivo de estudantes e ó persoal investigador e desenvolve actuacións singulares para as áreas do coñecemento das ciencias sociais e humanidades. Igualmente, UNIEMPRENDE tamén céntrase nas mulleres universitarias, consciente da súa presenza maioritaria na universidade e do seu elevado potencial emprendedor.