Rematou o Seminario Gratuito de Planificación Empresarial: Construcción e avaliación de modelos de negocio

O Programa de Creación de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela (Uniemprende) organizou, en colaboración co IGAPE, un Seminario Gratuito de Planificación Empresarial. Dou comezo o pasado 10 de abril e no mesmo facilitóuselles as persoas asistentes a metodoloxía e as ferramentas necesarias para o desenvolvemento dun plan de empresa. 

Levouse a cabo ao longo de cinco sesións formativas de 3 horas de duración cada unha, mais duas titorías de apoio e asesoramento individualizado a cada proxecto participante.

Celebrouse na Aula de Formación do Edificio Emprendia  e contou con mais de 40 persoas participantes. A gran maioría puido rematar e/ou perfeccionar o seu plan de Empresa, coa axuda de personal experto especializado, para presentarse a XIII Edición do Concurso de Proxectos Innovadores da USC.

Mais información