Seminario de Planificación Empresarial con Perspectiva de Xénero

Uniemprende e Woman Emprende organizamos o primeiro Seminario de Planificación Empresarial con Perspectiva de Xénero, que se celebrará dende o 21 de outubro ao 8 de novembro no Edificio Emprendia.
Co obxectivo de apoiar o emprendemento feminino, diriximos esta acción formativa únicamente ás mulleres que teñan unha idea ou proxecto empresarial, e que precisen axuda para poñelo en práctica.

O curso, cuxa matrícula é gratuita, e que terá unha duración de 32 horas, componse de sesións teóricas e prácticas, ademáis de dúas titorías persoalizadas por proxecto.

Este seminario é unha acción seleccionada no marco dun programa operativo cofinanciado polo FSE coa colaboración da Xunta de Galicia.

 

» Ficha de Inscrición

» Máis información (pdf)