Terminou o prazo para presentarse a XIII Edición Concurso Proxectos Empresariais Innovadores da USC

 

O Programa de Creación de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela Uniemprende, convocou o pasado mes de marzo o XIII Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC,  poñendo a disposición de todas as persoas interesadas formación gratutita para elaborar o plan de empresa.

O obxecto do concurso, que se celebra ano tras ano, é impulsar a creación de empresas innovadoras promovidas por estudantes, licenciados e licenciadas ou investigadores e investigadoras, así como a innovación empresarial e a xeración de emprego.

O prazo de presentación dos mesmos estivo comprendido entre o 15 de marzo e o 15 de maio de 2013.

Os premios que se outorgarán, serán os seguintes: 

  • BASE TECNOLÓXICA: 2.000 euros + ata 24.000 € de financiamento mediante préstamo participativo
  • EMPRESA XOVE: 2.000 euros
  • MULLER EMPRENDEDORA: 2.000 euros

Nestos intres, atopámonos en fase de avaliación dos proxectos presentados, para decisión por parte dun xurado experto dos gañadores que accederán aos premios contemplados no parágrafo anterior. 

 

Bases da convocatoria da XIII Edición do Concurso de Proxectos Innovadores da USC